ABALAR CONDESA

Integrar as TIC no traballo diario supón para todos nós unha esixencia persoal e profesional. As TIC están presentes na nosa vida cotiá e, polo tanto, tamén deben formar parte da vida escolar cos cambios que iso implica na práctica pedagóxica e organizativa do centro.

Neste blogue iremos colgando toda a información, que poida resultar de interese referida ao uso das TIC nas aulas.

NOTA: Moitas imaxes e recursos que aqui se empregan están sacadas doutras páxinas de internet. Se alguén considera que se fai un uso incorrecto dos mesmos, que o notifique e serán retirados.

miércoles, 17 de noviembre de 2010

NATIVOS E INMIGRANTES DIXITAIS

Os nosos alumnos/as son "nativos dixitais", pertencen a unha xeneración nacida coa era cibernética e que crece inmersa na tecnoloxía e, ademais, utiliza a mesma permanentemente en moitas facetas da súa vida.


Sen embargo a meirande parte do profesorado actual somos "inmigrantes dixitais", pertencemos a xeneracións que chegaron máis tarde ás TIC. Adaptámonos á tecnoloxía, aprendemos a falar o idioma, pero non o utilizamos como "lingua materna".
Este feito xenera moitas veces en gran parte do profesorado certo complexo de inferioridade, certa sensación de desvantaxe con respecto ao alumnado.
Pero si ben é certo que por un lado os nativos non lle teñen "medo" aos aparatos, non saben o que é ler unhas instrucións e saben en todo momento que tecla teñen que apretar para que funcione calquer aparato. Tamén o é que a meirande parte non sabe buscar a información relevante e fiable de entre toda a cantidade de material accesible que teñen a súa disposición.
Os nativos dixitais móvense pola rede con total comodidade pero, en xeral, non utilizan as TIC máis alá do messenger, do tuenti, do youtube, da videoconsola, dos sms... En xeral, comunícanse co seu entorno e non van máis aló do que lles interesa ou do que necesitan.
Todo o demais teñen que descubrilo. Neste aspecto o papel do profesorado é primordial. Somos os "profes" os que debemos aportar a visión crítica da tecnoloxía e da información; organizar actividades para que eles constrúan; guiar os procesos de busca, análise, selección, interpretación, síntese e difusión da información; fomentar competencias específicas tales como: transformar a información en coñecemento, a autoaprendizaxe, a capacidade crítica e analítica, incentivar a curiosidade, a motivación, a creatividade, o traballo en equipo...
Por iso non debemos mitificar a contraposición entre nativos e inmigrantes dixitais, feita por Marc Prensky, posto que a realidade é moito máis complexa.
Realmente, o mundo analóxico, no que nacemos os inmigrantes dixitais, e o mundo dixital non se contrapoñen, senón que se complementan.
A nosa misión será proporcionar as ferramentas intelectuais que permitan aos nosos alumnos ser persoas máis completas e con maior capacidade de reflexión ante a realidade, capaces de enfrontar a complexidade do mundo que lles toca vivir.
Sen dúbida é todo un reto que debemos asumir.

Artigos relacionados:



Simpática parodia

No hay comentarios:

Publicar un comentario