ABALAR CONDESA

Integrar as TIC no traballo diario supón para todos nós unha esixencia persoal e profesional. As TIC están presentes na nosa vida cotiá e, polo tanto, tamén deben formar parte da vida escolar cos cambios que iso implica na práctica pedagóxica e organizativa do centro.

Neste blogue iremos colgando toda a información, que poida resultar de interese referida ao uso das TIC nas aulas.

NOTA: Moitas imaxes e recursos que aqui se empregan están sacadas doutras páxinas de internet. Se alguén considera que se fai un uso incorrecto dos mesmos, que o notifique e serán retirados.

miércoles, 8 de agosto de 2012

GUIA PARA A CREACIÓN DE MATERIAIS EDUCATIVOS INTERACTIVOS

Esta guía do CeDeC pretende establecer unha serie de criterios para a creación de Recursos Educativos Abertos.
Ofrece unha serie de orientacións referidas a formatos, contidos e fontes e, ademais, tamén  incide en aspectos metodolóxicos.
Proporciona ao profesorado un modelo de creación de recursos educativos ao mesmo tempo que permite que se adapte segundo as necesidades de cada un.


Pincha aqui para acceder á guía





No hay comentarios:

Publicar un comentario