ABALAR CONDESA

Integrar as TIC no traballo diario supón para todos nós unha esixencia persoal e profesional. As TIC están presentes na nosa vida cotiá e, polo tanto, tamén deben formar parte da vida escolar cos cambios que iso implica na práctica pedagóxica e organizativa do centro.

Neste blogue iremos colgando toda a información, que poida resultar de interese referida ao uso das TIC nas aulas.

NOTA: Moitas imaxes e recursos que aqui se empregan están sacadas doutras páxinas de internet. Se alguén considera que se fai un uso incorrecto dos mesmos, que o notifique e serán retirados.

martes, 16 de octubre de 2012

CLASS DOJO: UN XEITO DIFERENTE DE REXISTRAR O COMPORTAMENTO DO NOSO ALUMNADO

Mediante esta aplicación gratuíta podemos rexistrar o comportamento do noso alumnado. A través dela podemos reforzar as actitudes positivas e disuadir de actitudes contrarias á aprendizaxe e á boa convivencia.
Trátase de anotar os nomes do alumnado dunha clase, asignarlles unha imaxe de perfil a cada un e de ir dándolle puntos positivos e negativos segundo o comportamento.
Podemos establecer unha serie de categorías, algunhas xa veñen dadas, pero son susceptibles de modificación. Por exemplo: interrupción da clase, retrasos, charlar, traballo, presentación...






Class Dojo: enlace a un vídeo en castelán con explicación

No hay comentarios:

Publicar un comentario