ABALAR CONDESA

Integrar as TIC no traballo diario supón para todos nós unha esixencia persoal e profesional. As TIC están presentes na nosa vida cotiá e, polo tanto, tamén deben formar parte da vida escolar cos cambios que iso implica na práctica pedagóxica e organizativa do centro.

Neste blogue iremos colgando toda a información, que poida resultar de interese referida ao uso das TIC nas aulas.

NOTA: Moitas imaxes e recursos que aqui se empregan están sacadas doutras páxinas de internet. Se alguén considera que se fai un uso incorrecto dos mesmos, que o notifique e serán retirados.

viernes, 1 de febrero de 2013

CREAR CORCHOS VIRTUAIS



Lino.it é unha ferramenta que nos permite crear corchos virtuais para usalos na aula. A través desta ferramenta podemos crear  e compartir recursos e materiais. 
Admite moitos tipos diferentes de arquivos: imaxes, videos, documentos...
É moi fácil de usar e supón un recurso excelente para o profesorado. Permite presentar nela post-it, imaxes comentadas, vídeos... de forma aleatoria ou ben organizados por temáticas e proxectos.
Para obter máis información pinchade no enlace



 OUTRAS APLICACIÓNS SIMILARES






No hay comentarios:

Publicar un comentario