ABALAR CONDESA

Integrar as TIC no traballo diario supón para todos nós unha esixencia persoal e profesional. As TIC están presentes na nosa vida cotiá e, polo tanto, tamén deben formar parte da vida escolar cos cambios que iso implica na práctica pedagóxica e organizativa do centro.

Neste blogue iremos colgando toda a información, que poida resultar de interese referida ao uso das TIC nas aulas.

NOTA: Moitas imaxes e recursos que aqui se empregan están sacadas doutras páxinas de internet. Se alguén considera que se fai un uso incorrecto dos mesmos, que o notifique e serán retirados.

jueves, 25 de abril de 2013

ARTE e TIC

A continuación, déixovos unhas aplicacións que están moi ben para traballar cos nosos pequenos  "artistas".

Unha é o Diorama de Camilles, do Museo van Gogh de Amsterdam,  e permite facer un diorama a partir de cadros deste autor e, incluso, permite envialos por correo electrónico.


Para acceder preme aqui



Coa outra podemos compoñer puzzles a partir de cadros de artistas coñecidos



                                                       Para acceder preme aqui



E a última permítenos crear caras ao estilo de Picasso


                                                            Para acceder preme aqui


Probádeas, coido que vos van gustar!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario