ABALAR CONDESA

Integrar as TIC no traballo diario supón para todos nós unha esixencia persoal e profesional. As TIC están presentes na nosa vida cotiá e, polo tanto, tamén deben formar parte da vida escolar cos cambios que iso implica na práctica pedagóxica e organizativa do centro.

Neste blogue iremos colgando toda a información, que poida resultar de interese, referida ao proxecto Abalar e ao uso das TIC nas aulas.

NOTA: Moitas imaxes e recursos que aqui se empregan están sacadas doutras páxinas de internet. Se alguén considera que se fai un uso incorrecto dos mesmos, que o notifique e serán retirados.

sábado, 18 de mayo de 2013

OS NENOS E INTERNET

Estupenda presentación de Raúl Diego sobre o uso de  Internet polos nenos. 
Os nosos pequechos cada vez comezan antes a navegar na rede e, ademais, fanno, cada vez, durante máis tempo.
Aínda que os adultos poidamos considerar que os nenos de agora están especialmente dotados para usar internet, segue a ser necesario ensinarlles a navegar de xeito seguro, a limitar o tempo que pasan conectados (ou desconectados) e a filtrar criticamente a información que reciben.
Invítovos a ver a presentación, paga a pena!!!


 

2 comentarios:

  1. !Estupendas entradas !. Hace falta mucha información como la que das en tu blog. . Un besote.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias Feli por tu comentario. Un abrazo muy grande desde Abalarcondesa!

      Eliminar